Turismo cultural, turismo
gastronómico, turismo de diversión, turismo rural, turismo relixioso,
turismo de natureza, turismo histórico...
Dentro do turismo hai
moitos tipos de turismo, e é dabondo sabido que son unha importante
actividade económica e unha fonte de ingresos para calquera lugar,
sobre todo se a zona dispón de riqueza paisaxística, cultural,
arquitectónica, gastronómica, etc. Por iso, todo tipo de turismo adoita
contar cunha guía turística que destaca os lugares máis relevantes a
visitar polo foráneo.
Se falamos dun turismo
que engloba natureza, deporte, diversión, sol, aventura, ondas e praias,
estamos a facer referencia a un turismo moi atractivo do que moitos se
poden beneficiar, escolas de surf, cámpings,
restaurantes, fotógrafos, chiringuitos de praia, hoteis, etc...
Xa sexa estar de acordo ou non con que se faga unha guía de praias de Galicia para promocionar o surf, si se fai, publiquen unha
guía na que se indiquen as praias máis relevantes e coñecidas
para a práctica deste deporte, a condición de que se faga con respeto
coidando eses recunchos máxicos que seguro que algúns coñecen e poucos
gozan deles. Recunchos
afastados da masificación, recunchos gardados
como un auténtico tesouro pola comunidade surfeira galega e que tanto
custou descubrir, recunchos nos que indo unha e outra vez até dar coas
condicións idóneas despois de facer en repetidas ocasións os mesmos
quilómetros en diferentes días do ano, chuviosos
ou asollados, fríos ou calorosos, días nos que falando entre amigos ao
saber que entran ondas dise:
"Imos mirar alí, parece que pode romper unha onda".
Vas e hai unhas ondas "caralludas". Triunfada.
Vas e hai unhas ondas "caralludas". Triunfada.
Vas e hai unhas ondas de merda. Cómeste os mocos.
Iso sí, a pesar de deborar quilómetros e quilómetros cun final
glorioso ou fracaso, ninguén che quita eses momentos de risas entre
amigos, de incerteza de como estará o mar, de aventura, de pescudar con
que condicións de mar, vento e marea rompe esa onda.
Iso tamén é surf, unha esencia que sempre lembrarás.
Hoxe en día en internet está todo e podes atopar unha
localización cun só "click", non hai necesidade de polo tan fácil nunha
guía, que o forasteiro sexa forasteiro, e si chega a ver romper algunha
desas ondas perdidas que temos na nosa comunidade,
que o faga con gañas de aventura, perdéndose na nosa
terra, descubrindo a nosa costa e que viva esa motivación por explorar Galicia. Seguro que tamén o lembrará sempre.
Imaxino que dende "Turismo de Galicia" saben cantos
quilómetros de costa ten Galicia e coñecen o número de praias que
existen para a práctica de surf na nosa comunidade, pero, ¿saberán
cantas probas de surf e bodyboard completan o Circuíto Galego?.
De Norte a Sur de Galicia, de Ribadeo á A Guarda hai praias e
praias para a práctica do surf, pero non olviden que de Ribadeo á A
Guarda tamén hai grupos de surfeiros que teñen os seus recunchos que
gardan coma se de ouro se tratase, recunchos que cantos
menos o saiban máis gozan deles para vivir o auténtico espírito
surfeiro.
Mellor non dicir o número xa que é ridículo se o comparamos cos quilómetros de costa e praias que temos.
Si se quere
promocionar o surf e bodyboard en Galicia, señores/as de "Turgalicia",
invistan na Federación Galega de Surf, invistan no Circuíto Galego para
realizar máis campionatos con premios que incentiven
a máxima participación de deportistas, invistan nas
escolas de surf e bodyboard para que poidan contar con técnicos
preparados e material dispoñible, invistan na limpeza das nosas praias,
invistan en que teñan bo acceso, duchas e papeleiras,
invistan en socorrismo e vixilancia, xa que en multitude de
ocasións son os propios surfeiros os que salvan a vida aos turistas...
O surf e o bodyboard en Galicia está vivo, e é moito máis que coller ondas. Respecten os nosos segredos.
![]() |