domingo, 2 de junio de 2013

Non á megaminaría en Galicia

Multitudinaria a manifa de hoxe nas rúas de Santiago de Compostela esixindo a retirada dos grandes proxectos mineiros en Galicia, na que se alertou sobre as graves consecuencias que conlevan para Galicia as peticións para facer novas explotacións de todo tipo de minerais polo seu impacto no territorio, incluindo reservas da biosfera ameazadas como as da Fonsagrada, o río Eo e a mina de ouro de Corcoesto. Tamén se aludíu ó amplo historial destructivo da minaría no noso país coa convivencia sempre dos poderes públicos e se denunciou que os novos proxectos inclúen explotacións altamente contaminantes e a ceo aberto.

Esta política mineira do Goberna da Xunta de Galicia acabará co territorio e favorecerá ás grandes multinacionais.
 
Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

1 comentario: