jueves, 11 de agosto de 2016

As chamas que queremos ver son as do sol mentres se funde nun abrazo co mar

Espertarse co son dos paxaros, alegría, tenda de campaña, furgo, café, amencer, boa sesión de ondas, atardeceres, momentos máxicos, comidas e birras, campionatos, música, postas de sol, amigos, surf e bodyboard, mosquitos e arañas, historietas, o vento, xa sexa Norte, Sur, Leste ou Oeste, chiringuito, gaivotas colloneras, esperas pola marea á sombra de verdadeiros piñeiros, e un sen fin de vivencias nun auténtico paraíso. Unha realidade elevada á máxima potencia desvanecida por uns desalmados dos que non merece a pena falar. O KARMA condicionaraos polos seus actos.

Dende o Castro de Baroña até o piñeiral de A Coviña na praia de Río Sieira, non só se queimou o monte, queimouse unha importante parte das nosas vidas.
Amigos que loitaron man a man coas chamas mandan fotos. Vexo máis fotos de coñecidos en internet, na prensa e demais medios de comunicación. ¿Que sentes?. Do mesmo xeito que eu, supoño que tristeza, moita tristeza; o corazón roto en miles de pedazos que se moven sen sentido coma se fosen as cunchas esparexidas polas beiras das súas praias co movemento das ondas.

Levará o seu tempo, pero os que a amamos confiamos “Nela”. Sabemos que a Natureza é forte e bela. Crecerá para devolvernos o momento no que nós e os nosos fillos gocemos de novo desta preciosa paisaxe.


 


2 comentarios:

  1. Respuestas
    1. La verdad es que es una auténtica pena Rubén, el otro día estuve en Río Sieira y daban ganas de llorar.
      El día de esa foto fue genial en el pinar de Río, olaZas!!!
      Gracias por el coment!!! Abrazo bro!!

      Eliminar