Multitudinaria a manifa
de hoxe nas rúas de Santiago de Compostela esixindo a retirada dos grandes
proxectos mineiros en Galicia, na que se alertou sobre as graves consecuencias
que conlevan para Galicia as peticións para facer novas explotacións de todo
tipo de minerais polo seu impacto no territorio, incluindo reservas da biosfera
ameazadas como as da Fonsagrada, o río Eo e a mina de ouro de Corcoesto. Tamén
se aludíu ó amplo historial destructivo da minaría no noso país coa convivencia
sempre dos poderes públicos e se denunciou que os novos proxectos inclúen
explotacións altamente contaminantes e a ceo aberto.
Esta política mineira do
Goberna da Xunta de Galicia acabará co territorio e favorecerá ás grandes
multinacionais.
Galicia non é unha mina.
Defende a terra, defende a vida.
Guapas as fotos ! bo traballo ! Non a mina!!
ResponderEliminar